Pontedeume avanza na solicitude do BIC do casco histórico da vila

O Concello de Pontedeume traballa nos trámites para a solicitude da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) do casco histórico da vila.

Esta semana, o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e o concelleiro de Urbanismo, Daniel Ríos, mantiveron a primeira reunión para esta solicitude coa técnico municipal e con técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio.

“É un traballo que está moi adiantado por parte do Concello, xa que en gran medida toda a documentación que utilizaremos será a do Pepri, un documento que por certo xa está moi avanzado e pronto iniciaremos as xestións coas distintas administracións para a sua aprobación”.

“A comarca eumesa xa está catalogada como BIC, pero agora queremos facelo co casco histórico de Pontedeume, que reúne as condicións para ser un Ben de Interese Cultural dado o seu valor histórico» engade o alcalde.

A reunión de hoxe foi frutífera e nas próximas datas o concello avanzará nos trámites necesarios para a solicitude do BIC.

Lea también

O Novembro, mes do humor continúa co espectáculo Eran elas de Avelino González

O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acolle este venres 22 de novembro, a …