Fene contratará 2 peóns forestais con cargo ao APROL Rural 2024

O Concello de Fene contratará no mes de xuño con dúas persoas para o posto de peón forestal con cargo ao programa APROL Rural. A duración dos contratos será de 9 meses a xornada completa.

Para poder optar a unha destas prazas é requisito imprescindible atoparse en situación de desemprego, así como tamén estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado. Ademais, débese ter solicitada a ocupación de peón forestal. Unha vez se publiquen as bases do proceso selección, o Concello de Fene tramitará ante a oficina de emprego de Ferrol-Esteiro a oferta de emprego.

A concelleira de formación e emprego, Cristina García, informou de que “as persoas contratadas por este programa desenvolverán labores de xestión das masas forestais e outras recollidas no seu perfil laboral”, integrándose durante a súa contratación no departamento de servizos.

As persoas que precisen máis información sobre este programa poden dirixirse á Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, na praza do Alcalde Ramón José Souto González, a través do teléfono 981 492 767 ou no correo orientacion.laboral@fene.gal.

O programa APROL Rural, a través do cal o Concello de Fene vén contratando persoal nos últimos anos, está financiado pola Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …