Hush e Daniela gañadores do concurso ‘Quero Cantar’

A primavera tráenos dous novos e magníficos descubrimentos musicais con moito camiño de futuro na música galega: Hush e Daniela son as propostas gañadoras da sétima edición do concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar.

Nun Teatro Colón da Coruña ateigado de xente na tarde do sábado, as propostas gañadoras foron quen de brillar con forza no escenario e engaiolar a público e xurado. Un xurado que, lembramos, nesta gala final estivo integrado por nenos e mozos con formación musical e do mesmo abano de idade que as bandas e solistas seleccionadas para a final.

A decisión final foi a seguinte:

Hush

Proposta gañadora na categoría infantil

HUSH é un grupo de seis nenas e nenos que estudan na escola ‘Entre Caixas’, de Calo, Teo. O seu é o rock clásico e a canción coa que se presentan ao concurso chámase “Estaría ben”.

2º clasificado

@s Tareixas é un grupo de Redondela, integrado por un pai e os dous fillos, nena e neno, cunha canción sobre a súa avoa, titulada “A cadeira da avoa”.

Proposta gañadora na categoría xuvenil

Daniela Montes

Daniela Montes é unha solista da Laracha que se acompañará na súa actuación co piano. Presentaranos unha canción de desamor titulada “Non todo era malo”.

2º clasificado

Interestelares é un grupo de catro nenas e nenos de Cangas do Morrazo que chega ao concurso coa canción que titularon “Lume”. A peza está inspirada nun suceso real: o incendio que ameazou gravemente a casa da compositora do grupo.

A responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, destacou a consolidación do certame Quero Cantar no panorama da música galega, unha iniciativa inédita para promover que nenas e nenos galegos “canten e creen en galego e a través da música” e animou a mocidade e familias a “empregar a nosa lingua a través da canción».

Premios:

Os premios para os gañadores son os seguintes:

1º clasificado na categoría infantil:

*Gravación da maqueta en estudio profesional.

*Gravación dun videoclip da canción gañadora

*Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500,00 €.

1º clasificado na categoría xuvenil:

*Gravación da maqueta en estudio profesional.

*Participación no programa formativo do Quero Cantar

*Gravación dun videoclip, ben da canción presentada ao concurso, ben da creada no programa formativo.

*Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.500,00 €.

2º clasificado en ambas as categorías:

*Gravación da maqueta en estudio profesional

*Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 1.000,00 €.

3º clasificado en ambas as categorías:

*Gravación da maqueta en estudio profesional

*Material musical (instrumentos, equipamento…) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, xogos..) por valor de 500,00 €.

Programa formativo

O Programa formativo Quero Cantar 2024 fai parte do premio que se outorga á proposta vencedora na categoría xuvenil da mesma edición do concurso e consta dos seguintes apartados:

  • Titorización por parte dun ou dunha artista de recoñecida traxectoria na música galega para o desenvolvemento dunha canción.
  • Período de convivencia nun espazo determinado pola Deputación para formación e desenvolvemento da canción.
  • Asistencia a estudio profesional para a gravación do tema e obradoiro complementario sobre sonorización.
  • Obradoiro “Kit de supervivencia para iniciarse no mundo da música”.

Lea también

La AVV A Magdalena celebró el «Día de la Música» con Pregón y destacadas actuaciones de «Añoranzas» y Coro Rociero

De auténtico y destacado espectáculo se puede calificar el ofrecido en la tarde de este …