Éxito de participación na Ruta BTT dos encoros organizada pola Deputación

Máis de 200 ciclistas participaron o sábado 20 na primeira edición da Ruta BTT dos Encoros unha actividade deportiva organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña cun percorrido de 62 quilómetros a través dos concellos de Cerceda, Ordes, Carral e Abegondo.

No Campo do Roxo de Cerceda, o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e o alcalde da localidade, Juan Manuel Rodríguez, foron os encargados de dar a saída á proba, cun itinerario circular con meta no mesmo punto que discorreu pola beira dos encoros das Encrobas, Vilasenín e Beche, nunha mañá solleira para gozar dun marco natural privilexiado.

Leira Piñeiro destacou o éxito de participación nesta primeira Ruta BTT dos Encoros, que completou as máis de 200 prazas dispoñibles en poucos días.

“É a primeira ruta BTT que promove a Deputación, pero vemos que conta con moitos afeccionados e que xerou unha expectación moi importante entre eles, polo que seguiremos impulsando este deporte, xa que a provincia da Coruña conta con enclaves fantásticos para esta disciplina que combina deporte e natureza”, afirmou o deputado de Deportes.

Lea también

El Club Rugby Ferrol arranca la temporada con una jornada de puertas abiertas este sábado

El Club Rugby Ferrol inicia oficialmente sus actividades para la temporada 2026/2027 con una cita …