Alondra Bentley presenta en Narón “La Materia”

O café teatro do Pazo da Cultura acolle o venres 24 de outubro ás 20:30 horas o concerto “La materia”, sexto álbum de Alondra Bentley, o seu primeiro disco en castelán, e tras cinco anos sen publicar.
 
 
Nada en Reino Unido e afincada en España, Alondra Bentley crea un universo musical persoal e íntimo. A súa música transita entre o folk, o pop e o indie, conectando coas emocións dun público amplo, grazas á combinación de melodías delicadas e letras evocadoras que reflicten influencias como Nick Drake ou Joni Mitchell, pero cunha identidade propia.
 
Boa parte da idea sobre a que se compuxo “La materia” xira arredor da existencia. A morte da súa nai e o nacemento da súa filla levaron á artista a reflexionar sobre a vida e a morte. Alondra –que presentará o disco en Narón en formato trío– explora neste concerto novos territorios sonoros.
 
Os seus traballos discográficos son un exemplo de versatilidade e riqueza sonora. As atmosferas que crea coa súa música convidan á introspección, pero tamén a gozar de momentos de luz e conexión. Escoitala é penetrarse nunha viaxe cálida e envolvente.

Lea también

O BNG de Narón reclama unha ordenanza municipal de Festas e eventos

Narón, conta con numerosas festividades parroquiais e diferentes espectáculos públicos mais, até o momento, carece …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *