A Deputación organiza a Ruta BTT dos encoros

A Deputación da Coruña organiza este sábado 20 de abril, a Marcha de BTT Ruta dos Encoros, cun percorrido de 62 quilómetros, que discorrerá polos concellos de Cerceda, Ordes, Carral e Abegondo, tomando como referencia os encoros do lago de Encrobas, Vilaselín e Beche, cunha duración aproximadas de catro horas.

Foto Diputación da Coruña

Trátase dunha ruta circular con saída e chegada no Campo do Roxo, no Concello de Cerceda, onde o deputado de Deportes, Antonio Leira, e o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, serán os encargados de dar a saída aos máis de 200 participantes ás 9.30 horas, mentres que a deputada Cristina Capelán participará na posterior entrega de premios.

Leira enmarcou esta marcha ciclista “no amplo calendario de actividades deportivas que desenvolve a Deputación ao longo do ano nos concellos da provincia” e destacou que este “engloba numerosas disciplinas deportivas, ás que agora se suma esta primeira marcha ciclista BTT nun entorno tan singular como son estes encoros”

Lea también

O Parrulo Ferrol continúa en dinámica positiva ante Sporting La Nucía

Sigue la flechita para arriba de O Parrulo Ferrol con su tercera victoria consecutiva, tras …