O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente a xestión do servizo de madrugadores.

A rexedora local, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Olga Ameneiro, reuníronse no Consistorio con representantes das Anpas A Buxaina (CEIP A Gándara); As Aceas (CEIP Piñeiros); Anpa do CEIP A Solaina; Galatea (CEIP Virxe do Mar); O Buxato (CPI do Feal) e a do CRA de Narón para abordar esta problemática e chegar entre as dúas partes a un acordo que garanta a continuidade deste servizo que precisan moitas familias da cidade.

O citado acordo implica que as Anpas continuarán coa xestión de forma transitoria mentres o goberno local avanza no cumprimento dos prazos legais previstos para sacar a licitación a contratación da xestión do servizo.

Posteriormente o Concello asumiráo de xeito transitorio ata que a Xunta asuma esta competencia, ao igual que a do servizo de comedor ao mediodía.

A maiores, a alcadesa da cidade enviará un escrito ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, urxindo unha reunión á que a maiores de Ferreiro acudiría a edil de Educación e un representante de cada Anpa dos centros da cidade que ofrecen o servizo de madrugadores.

A finalidade do encontro, tal e como apuntou a edil de Ensino, é “solicitar á Xunta que asuma unha das súas competencias en materia educativa para que nin as Anpas nin o Concello teñan que asumir unha tarefa que non lles corresponde e poder garantir a prestación do servizo por parte da administración autonómica”.

Dende o goberno local valorouse positivamente o acordo acadado onte e incidiuse no compromiso do goberno local “de continuar traballando como viñemos facendo ata agora para poder plantexar unha solución a un problema que afecta a numerosas familias e que precisa do compromiso real, con medidas efectivas sobre a mesa, neste caso asumir esta competencia, por parte de todos os grupos con representación na Xunta de Galicia, algo que lamentablemente ata o de agora non aconteceu pero que confiamos en acadar conxuntamente coas Anpas e as familias afectadas”.

Lea también

Los carteles de la Semana Santa de Ferrol desde que obtuvo la distinción de Fiesta de Interés Turístico Internacional se exponen en Odeón

El Centro Comercial Odeón continúa apoyando la promoción de la Semana Santa de Ferrol, después …