Inscrición aberta en Narón na “I Liga de verán base Santa Icía”

O concelleiro de Deportes presentou este luns 15 a “I Liga de verán base Santa Icía” organizada pola AVV Trasancos e os xogadores Kevin Martínez e Manel Aneiros, ex xogadores de O Parrulo Ferrol e Adrián Martínez, xogador do citado equipo e do combinado nacional en varias
ocasións, e Berto Seijo, xogador do Estrela.

Á convocatoria, na que colabora o Consistorio, acudiu tamén unha representante da directiva da AVV Trasancos, Fina Sueiras.

A “I Liga de verán base Santa Icía” diríxese a nenos de entre 8 e 14 anos, que poderán anotarse a partir de hoxe, abonando 10 euros por menor, e ata o 20 de xuño. Cada equipo terá entre 8 e 12 participantes e a maiores terá que haber unha persoa maior de idade responsable de cada
grupo.

A convocatoria desenvolverase do 1 ao 19 de xullo na pista verde de Santa Icía, de luns a venres en tres horarios, ás 19:00; 20:00 e 21:00 horas e formaranse un máximo de 24 equipos, oito por categoría, tal e como indicaron dende a organización. Habilitaranse tres categorías benxamín (2014-2015); alevín (2012-2013) e infantil (2010-2011).

As persoas que desexen inscribirse poden contactar coa organización a través dos números de teléfono: 649 179 081 (Adri); 627 978 738 (Kevin) ou 639 783 871 (Manel).

O edil de Deportes naronés felicitou á entidade veciñal Trasancos e ao resto de organizadores da convocatoria “por traballar para poder levar a cabo durante o verán esta actividade na nosa cidade, que ofrecerá unha alternativa de lecer, neste caso de fútbol, ós nenos”.

Lea también

El Racing y el Levante se enfrentan este viernes en A Malata

El Levante UD visita en la noche de este viernes 22 A Malata, un duelo programado …