Narón abre prazo de preinscrición en cinco accións formativas dirixidas a persoas desempregadas

Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara-Archivo

O Concello de Narón, vai solicitar á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración o financiamento de cinco accións formativas do Sistema de formación profesional de grao C, para persoas traballadoras desempregadas.

Así o anunciou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida, que subliñou que se trata de cinco formacións totais de distintas familias profesionais (especialidades completas) incluídas nuns certificados profesionais. Serán impartidas en modalidade presencial, en horario de mañá, de 5 horas ao día e con 15 prazas para cada curso. Dispoñen de formación en empresa e curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas de duración.

Dende o Concello subliñouse a urxencia de que as persoas desempregadas interesadas en realizar estes cursos se preinscriban a través da web: diplos.xunta.gal ou acudindo directamente ao entrechán do Concello (preguntar por Ánxela) ou ao Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara.

A edil naronesa indicou que se trata das accións: Montaxe de moble e elementos de carpintería (538 horas, código MAMR0108), con datas previstas de realización do 8 de agosto deste ano ao 17 de marzo de 2026; Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (528 horas, código SSCS0208) e a impartir entre o 13 de novembro deste ano e o 24 de abril de 2026; Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible, soldeo MIG/MAG (568 horas, código FMEC0119), do 1 de decembro deste ano ao 22 de maio de 2026; Xestión de residuos urbanos e industriais (468 horas, código SEAG0108), do 28 de outubro deste ano ao 24 de marzo de 2026 –todos os anteriores de nivel 2- e Emprego doméstico (278 horas, código SSCI0109) –nivel 1-, do vindeiro 22 de decembro ao 24 de marzo de 2026. Hermida destacou, en relación a este último curso, que unha vez obtido o certificado de Emprego Doméstico, xa se ten acceso ao certificado profesional de Nivel 2 de Atención sociosanitaria.

O perfil requirido ao alumnado, varía segundo o nivel de CP da formación, pero todas as persoas que se inscriban, teñen que constar como persoas demandantes de emprego no SEPE. O Nivel 1 de cualificación non require ao alumnado formación académica previa, pero o Nivel 2, si require dispor da titulación da ESO, Competencias Clave de Nivel 2 e outras titulacións.

Estas formacións, se son concedidas, realizaranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e son de balde para as persoas participantes. Os teléfonos de contacto para recibir máis información son o 981-333135 ou 981-337700, (ext. 2602/1123). Tamén se pode solicitar máis información a través dos correos electrónicos; a.alvarez@naron.gal / a.lagoa@naron.gal.

Lea también

O proxecto Youtubeiras+ ofrece obradoiros de creación de contidos dixitais para centros de ensino, docentes e público en xeral

O proxecto Youtubeiras+, no que participan os servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *