O BNG de Narón insta ao goberno local a facerse cargo da xestión do servizo de madrugadores

O BNG de Narón leva ao pleno de abril unha moción na que insta ao goberno municipal a facer un estudo de costes do servizo de madrugadores e aprobar un modificado de crédito polo importe necesario para facerse cargo da xestión deste servizo desde o vindeiro curso 24-25 e nos que lle seguen.

O BNG non apoiou as emendas presentadas polo PP minutos antes do pleno dos orzamentos pedindo retirar partidas de cultura para incluír nos mesmos unha partida, “que consideramos insuficiente” , para a xestión do servizo de madrugadores, “o PP era xa coñecedor da nosa moción cando presentou esta emenda, e sabía que de aprobarse sería suficiente para conseguilo”, comenta Olaia Ledo, portavoz municipal.

«Por isto, e mais sendo coñecedores de que si se aprobaba a emenda o goberno municipal veríase na obriga de retirar os orzamentos da orde do día», o BNG decidiu «seguir coa súa decisión asamblearia e absterse na votación dos mesmos, e non paralizar todo máis tempo e non ter nin unha cousa nin a outra, mais cando a alcaldesa xa comentara ao inicio do pleno a aceptación dese modificado de crédito que solicitabamos na nosa moción» conclúe

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …