O estadio de Río Seco acolle o Trofeo Narón entre o Racing Club Ferrol e o Fabril Deportivo

O edil de Deportes do Concello de Narón, Ibán Santalla, presentou xunto con Abraham Yáñez, representante da Federación Galega de Fútbol na comarca e con Sergio Fraga e Nicolás Manso, director deportivo e vicepresidente, respectivamente, do club Narón-O Freixo o Trofeo Narón 2025 que disputarán o Racing Club Ferrol e o Fabril Deportivo.

O estadio municipal de Río Seco acolle o evento o vindeiro 6 de agosto, ás 20:15 horas.

Abraham Yáñez asegurou que “é unha honra que un equipo representativo da comarca celebre encontros na nosa circunscripción, porque é reiniciar un proxecto e que se disputen este tipo de partidos e bo para a masa social e por ilusionar á afición”. Así mesmo agradeceu ao Concello e ao Narón- O Freixo a organización do encontro e ao Fabril Deportivo que aceptase xogar este partido.

En nome do club, Sergio Fraga asegurou que “é unha honra poder colaborar un ano máis neste trofeo, do que agradecemos ao Concello a iniciativa e tamén aos clubs que participarán, que xeran ilusión entre a afición”, amosando a confianza en que o público acuda ao estadio nesa xornada para apoialos.

Pola súa banda, o edil de Deportes, Ibán Santalla, agradeceu ao Racing o feito de que contase con Narón para xogar un partido de pretempada un ano máis e tamén a colaboración entre clubs e ao Deportivo as facilidades que puxo para que o Fabril puidese participar neste evento.

A maiores, Santalla destacou tamén a colaboración da Federación Galega de Fútbol, tanto neste como noutros eventos que se organizan ao longo do ano na cidade deste deporte.

Lea también

Éxito de público en Narón na Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage

A sexta edición da Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage organizada polo Concello de Narón …