Axenda en Narón do 13 e 14 de abril de 2024

Sábado 13 de abril de 2024

Actividade: “XIII Feira multisectorial agrícola” Hora: De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)

Unha trintena de postos de venda de diferentes produtos agrícolas, artesáns, maquinaria… abrirán esta fin de semana as súas portas nesta feira. A entrada é de balde e haberá obradoiros para nenos, sorteos de lotes de produtos, degustacións gastronómicas…

Actividade: “Debatemos?” Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal

Os nenos a partir de 5 anos teñen unha cita con esta actividade multidisciplinar na que se lerán varios contos seleccionados e se motivará á reflexión a través dun debate por equipos. É precisa inscrición previa. 

Actividade: “Los músicos de Bremen” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Nacho Vilar Producciones trae ao Pazo o espectáculo de teatro musical “Los músicos de Bremen”. Unha proposta protagonizada por un burro, un can, un gato e un galo, que saen obrigados das granxas nas que viviron sempre na procura dun futuro incerto. Úneos o desexo de ser músicos e deciden ir xuntos a Bremen.

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 14 de abril de 2024

Actividade: “XIII Feira multisectorial agrícola” Hora: De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)

Actividade: “Tour Galician Dance de Hip Hop” Hora: De 15:00 a 21:00 Lugar: Pazo da Cultura

O Concello de Narón organiza co Club de Baile Deportivo Narón e as Federacións Española e Galega de Baile Deportivo este evento, no que participarán uns 500 deportistas.

Lea también

72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental …