O Campus Industrial de Ferrol acolle a presentación do último libro de Alberto Sucasas

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial  de Ferrol acolle este martes 9 de abril, ás 19:30 horas, a presentación do libro Mayorguiana. Pensamiento y teatro en Juan Mayorga (Col.Estética &Crítica – 49, 2023) escrito polo profesor de Filosofía da Universidade da Coruña, Alberto Sucasas.

Alberto Sucasas

O acto estará presidido pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e presentado polos escritores Pilar Berrio e Antonio Polo.

Ao longo da publicación, o profesor da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, Alberto Sucasas, indaga no diálogo existente entre a filosofía e o teatro na produción literaria do membro da Real Academia Española (RAE) e Premio Princesa de Asturias das Letras en 2022, Juan Mayorga.

Na primeira parte do libro abórdase unha visión de conxunto da interacción entre o pensamento e a dramaturxia. Na segunda, analízase unha escolma de prezas teatrais. E, na terceira e ultima parte, Alberto Sucasas afonda na faceta do dramaturgo madrileño como ensaísta.

O libro, editado polo Departamento de Publicacións da Universitat de Valencia, está dispoñible para consulta en sala e préstamo na Biblioteca da Facultade de Filoloxía e na da Facultade de Ciencias da Educación no Campus da Coruña así como na Biblioteca da Casa do Patín no Campus Industrial de Ferrol.

Lea también

Los mejores magos del mundo llegan a Ferrol de la mano de «Galicia Ilusiona»

El concejal de Fiestas y Marca Ferrol, Arán López, participó en la presentación de la …