Cedeira impulsa cursos de formación para incentivar o emprego

O Concello de Cedeira organiza a través da concellería de Promoción Económica e Emprego catro cursos gratuítos que teñen como finalidade mellorar a formación das persoas participantes e fomentar o emprego.

Xunto cun curso de galego, que comezou o pasado venres 5, en vindeiras datas impartiranse outros de atención sociosanitaria a dependentes, monitor de tempo libre e hostalería. Os prazos de inscrición e datas dos programas daranse a coñecer a través do “Cedeira Informa”.

O curso de “Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” vai dirixido a capacitar ás persoas participantes dos coñecementos e habilidades necesarias para poder desempeñar o coidado e atención adecuada das persoas usuarias destes servizos.

O curso de monitor ou monitora de tempo libre que se vai impartir, segundo informan desde a concellería de Emprego, ten a consideración de curso de primeiro nivel, segundo o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude.

Por último, o curso de hostalería é un programa orientado a capacitar cos coñecementos necesarios para traballar no servizo dun bar ou unha cafetería, procurando unha resposta á alta demanda de persoal especializado no sector da restauración.

O goberno local de Cedeira quere facer unha aposta polo emprego impulsando a capacitación de persoas desempregadas que terán, a través da formación, mellores condicións para acceder a postos de traballo en sectores demandantes, como son neste caso a hostalería ou os coidados sociosanitarios.

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …