A Deputación da Coruña presentou o estudo de conectividade das Fragas do Eume

O estudo, redactado por Javier Fernández, avaliou a cobertura de 380 puntos e 62 núcleos de poboación da comarca do Eume.

O Green Coworking de As Pontes acolleu esta mèrcores a presentación o “Estudo de conectividade a internet da comarca do Eume”, enmarcado nunha actuación contemplada no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Fragas do Eume”, promovido pola Deputación da Coruña e financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Nun acto ao que asistiron o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; representantes dos concellos da comarca do Eume, involucrados no desenvolvemento e execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Fragas do Eume”, así como diversas empresas de telefonía e telecomunicacións de Galicia, Regueira puxo en valor o traballo conxunto de todos os concellos no desenvolvemento deste proxecto.

Ademais, o vicepresidente sinalou o obxectivo dos plans de sustentabilidade turística en destino da Deputación, que pasa por “xerar benestar e emprego, especilamente no medio rural, a través dunha aposta turística sostible desde o punto de vista económico, social e medioambiental”. Neste sentido, “estes plans, como o das Fragas do Eume, son sinónimo de competitividade turística e calidade, o que non se entende sen conectividade”, apuntou.

O redactor do estudo, Javier Fernández, expuxo os resultados da análise de cobertura de comunicacións móbiles na contorna do Parque Natural Fragas do Eume, mediante a que se avaliaron 380 puntos máis os 62 núcleos de poboación que conforman a comarca do Eume. Así, para a mellora da conectividade, proponse instalar solucións tecnolóxicas á beira do río Eume e no Montasterio de Caaveiro.

Lea también

El Parlamento gallego demanda mejoras ferroviarias al gobierno central, sin el apoyo del grupo socialista

El Pleno del Parlamento de Galicia aprobó en la tarde de este martes la proposición …