O CIRS de Cervás presenta “Somos un pobo de artistas. O método Luisa Villalta”, de Xurxo Souto

O local do Centro Instructivo, Recreativo e Social de Cervás (Ares) acollerá este venres 5 de abril a partir das 19,30h. a presentación do libro “Somos un pobo de artistas. O método Luisa Villalta”, da autoría do Xurxo Souto; nun acto que forma parte da programación do centenario da creación do “Centro Instrutivo, Recreativo e Social”.

O acto adiántase á programación específica que vai desenvolverse co gallo do Dia Das Letras, adicado a Luisa Villalta; que publicara en 1999 «O outro lado da música, a poesía«, libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. E buscámola especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade.
 
Nese contexto, na presentación do libro non faltará a mención á importante actividade musical na parroquia e na contorna; e por iso contará tamén co arroupe musical do harmonicista Pepe Coira, polifacético músico que acaba de cumprir 83 anos, que formou parte de numerosas orquestras no ámbito da comarca de Ferrolterra e que mantén profunda amizade co Xurxo Souto.

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”

El Ciclo Mestro Mateo continúa esta semana en Valdoviño con la proyección del documental «Emoción, …