Aberta en Narón a inscrición nos cursos “Deseño web e tenda online” e “Redes sociais e ChatGPT”

A plataforma Cemit mantén aberto o prazo de inscrición en dous novos cursos, un sobre “Deseño web e tenda online” e outro de “Redes sociais e ChatGPT”, de 160 horas cada un. Así o indicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías de Narón, Román Romero, que explicou que estas dúas accións formativas comezarán o vindeiro 2 de maio na Aula Cemit de Xuvia e rematarán o 28 de xuño.

A acción formativa de “Deseño web e tenda online” impartirase en quenda de tarde, de 16:00 a 20:00 horas e abordaranse contidos como: os xestores de contido como ferramentas para adquirir presencia na rede; introdución e manexo de google sites; facer unha páxina web con Wix; creación e xestión dunha tenda virtual. As inscricións poden realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45494.

No caso do curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”, os módulos serán sobre: conceptos básicos da xestión de redes sociais; creación de contido social; abreviacións de enlaces; principiantes en redes sociais; comunicación social e xestión de redes sociais. Neste caso, as inscricións poden realizarse no enlace:
https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45493.

En ambos casos as persoas interesadas poderán anotarse de balde, estando limitada a asistencia a cada curso a un máximo de 12 persoas.

Lea también

Aberto en Narón o prazo de inscrición do programa Informática Divertida (INDI)

O Concello de Narón abre o vindeiro luns, 2 de decembro -e ata o día …