A Deputación abriu o prazo para solicitar 48 bolsas para estudos artísticos

Convócanse 5 bolsas para proxectos sobre artes e humanidades, 4 de ciencias da saúde, 5 de ciencias sociais, xurídicas ou estudos de xénero, 4 de ciencias e 2 de enxeñería e arquitectura.

foto archivo

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) os extractos das resolucións polas que se aproban as convocatorias das súas bolsas para apoiar á mocidade coruñesa na realización de proxectos de investigación en distintos campos de coñecemento e perfeccionamento de estudos artísticos durante o curso 2024.

Ambas suman un orzamento de 480.000 euros para un total de 48 bolsas de 10.000 euros cada unha. Nos últimos anos, o Goberno provincial incrementou progresivamente tanto o número de bolsas, que pasaron de 40 a 48, como a contía das mesmas, que subiu de 8.000 a 10.000 euros.

O BOP publicou o pasado 12 de marzo as bases das bolsas de investigación, un total de 20 para o curso 2024. As bolsas pretenden “ofrecer apoio e oportunidades aos novos talentos coruñeses en diferentes da ámbitos investigación que van desde as ciencias da saúde, ás ciencias sociais e xurídicas ou as humanidades”, explicou o presidente, Valentín González Formoso, que detallou que poderán optar ás mesmas persoas con titulación universitaria con menos de 36 anos de idade e residencia en calquera concello da provincia da Coruña, que deberán realizar un traballo de investigación durante un período mínimo de nove meses.

25 bolsas de perfeccionamento artístico

No caso das bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos, as bases da convocatoria publicáronse no BOP o pasado 8 de marzo. A Deputación dedica este ano 280.000 euros para financiar 28 axudas cunha achega de 10.000 euros cada unha.

A través delas, as persoas beneficiarias recibirán financiamento para custear o gasto derivado da realización de estudos artísticos fóra da comunidade autónoma de Galicia durante nalgunha destas áreas: audiovisual (4 bolsas), danza e artes do movemento (3), ilustración, artes plásticas e visuais (4), música (14) e teatro e interpretación escénica (3 bolsas).

Estas bolsas permitirán a alumnos e alumnas da provincia da Coruña completar a súa formación artística en centros de alto nivel de fóra de Galicia. Ao longo dos anos, estas bolsas permitiron mellorar a formación de decenas de coruñeses e coruñesas en cidades como Madrid, Barcelona, Granada ou Valencia ou en centros especializados en artes de Estados Unidos, Francia, Reino Unido ou Países Baixos.

Bases bolsas de investigación:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/03/12/2024_0000001674.pdf

Bases bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/03/08/2024_0000001581.pdf

Máis información sobre as bolsas:

https://www.dacoruna.gal/educacion/bolsas

Lea también

O Ateneo Ferrolán proxecta o filme «Linda» dentro da programación 25N

Este venres dia 22 as 19.30h dentro da programación do 25N “Día contra a Violencia …