O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu na mañá deste sábado, día 23, unha homenaxe a Carvalho Calero cando se van cumprir 34 anos do seu pasamento e aproveitou este acto para reclamar ao goberno local que proceda a tramitar a declaración da casa natal de Carvalho Calero como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER).
Iván Rivas, portavoz do BNG, afirmou que Carvalho Calero é unha das personaxes fundamentais da historia, da cultura e da intelectualidade desta cidade e de Galiza polo que resulta fundamental que a súa casa natal sexa un lugar de referencia para o estudo da súa obra e para manter vivo o seu lagado. Así mesmo cualificou de incomprensíbel a actitude e a pasividade do goberno local no referente a situación da casa de Carvalho Calero.
O BNG lémbralle que Rey Varela que votou afirmativamente no pleno municipal iniciar os trámites para esta declaración, pero que o goberno municipal non actúa no mesmo sentido.
O BNG sinala que «non parará até ver a casa natal de Carvalho Calero rehabilitada e convertida nun centro de referencia da historia, da cultura e da lingua na nosa cidade e que ademais sirva, asi mesmo, de lugar de encontro para os veciños e veciñas do barrio de Ferrol Vello».