A Deputación da Coruña súmase a Hora do Planeta

A fachada do pazo provincial permanecerá a escuras este sábado entre as 20.30 e as 21.30 horas, coincidindo cunha iniciativa á que nos últimos anos se uniron miles de monumentos e edificios de todo o mundo.

A Deputación da Coruña súmase de novo á Hora do Planeta, unha iniciativa que pretende concienciar sobre a crise climática e na que participan miles de cidades de todo o mundo. “Apaga a luz. Dálle unha hora ao planeta” é o lema dun movemento que naceu hai 17 anos e que este 2024 se fará visible no noso país este sábado 23 entre as 20.30 e as 21.30 horas.

Durante eses 60 minutos, a fachada do pazo provincial permanecerá a escuras, ao igual que os arredor de 17.000 monumentos e edificios que nos últimos anos se veñen unindo a esta acción.

A Hora do Planeta está coordinada en España por WWF. A ONG invita a toda a cidadanía a participar de dous xeitos: apagando as luces nas súas casas e sumándose ao “Banco de horas polo planeta”, que propón diferentes actividades dende a web https://horadelplaneta.wwf.es/.

 

Lea también

MercaNaVila esgota os 5 millóns de euros en bonos e mobiliza 11,5 millóns en vendas nos pequenos comercios da provincia

O programa, desenvolvido en colaboración coa Federación Galega de Comercio, incrementou a participación de establecementos, …