O ferrolán Joaquín Poves anótase o triunfo no Pequeno Gran Premio de Gadis

Terceira xornada de competición hípica en Equiocio Ferrol 2025, co foco posto no Pequeno Gran Premio de Gadis, proba pertencente ao Concurso Nacional de Salto ***. A vitoria na proba, sobre unha altura de 1,30 metros, foi para o xinete ferrolán Joaquín Poves Gil.

Fuente Equiocio Ferrol

O conselleiro e delegado de Gadis en Ferrol, José Carlos Díaz Arnau foi, un ano máis,o encargado de entregar os trofeos aos tres primeiros clasificados. Na proba, na que participaron todos os favoritos da edición, competiron un total de 11 binomios, e impúxose Joaquín Poves, a lombos de “Eggie del Maset”, sendo preciso o desempate.

A segunda posición na clasificación xeral foi para Javier Gónzález Fraga con “Cornet sound JGF”. “Fino”, como é coñecido no mundo da hípica, conseguiu un “doblete” na xornada coas vitorias en 1,20 metros e 1,35 m, a proba grande da xornada. José Luis Milán Dopico, a lombos de “Make up MB D’Eel, tívose que conformar co terceiro posto no Pequeno Gran Premio Gadis.

Na proba de 0,50 metros houbo 16 primeiros clasificados ex aequo. Julián Aneiros triunfou en 1 metro. Finalmente, a proba de 1,10 m territorial foi para Aroa Pernas, e a nacional para Alba García.

A competición hípica arrincaba ás 11 horas na pista central coas probas de 1 m e, ao longo da xornada produciranse unhas 200 saídas a pista. Desta volta, a competición de ponis (CNSP1) concentrouse no último tramo da xornada.

Na categoría ponis A2 impúxose Bela García del Río. O triunfo en ponis B2 foi para Lola Gómez e en ponis B, para María González Blanco, actual campioa de España de Ponis B. Finalmente, Irene Suárez anotouse a vitoria en ponis C2; e en ponis C, Antía Trincado.

O domingo, a partir das 12.15 horas, disputarase a proba estrela do CNS***, o Gran Premio Cidade de Ferrol, sobre unha altura 1,40 metros.

Equiocio PROGRAMACIÓN DOMINGO

O certame de hípica e lecer familiar conta no 2025 co patrocinio de Xunta de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Turismo de Galicia, Gadis, Estrella Galicia, Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, Federación Hípica Galega J. Rilo, Integral Motion e Comunidade de Montes en man común Covas e Esmelle.

 

Lea también

“Ferrol, Galicia, EUROPA “ la campaña de abonados del BAXI Ferrol para la EUROCUP

El BAXI Ferrol afronta una temporada histórica con su debut en la EuroCup Women, una …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *