O salón de plenos do Concello de Narón acolleu un pleno escolar

Narón acolleu esta semana un pleno escolar no que participou alumnado de cuarto curso da ESO dos colexios do Feal, Jorge Juan e do IES Terra de Trasancos. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a sesión, na que tamén participou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro.

O alumnado presentou unha serie de propostas que debatiu durante a convocatoria, ocupando os espazos que nas sesións oficiais empregan as concelleiras e os concelleiros da corporación local naronesa. Pistas de xeo, de fútbol e de karts, usos e novos servizos para a Casa da Mocidade, pistas polideportivas cubertas, opcións para rutas en bicicleta, mobilidade urbana, concertos para a mocidade, e un refuxio de animais foron as propostas que o alumnado puxo sobre a mesa.

Durante aproximadamente unha hora os escolares expuxeron o traballo realizado nas aulas sobre as súas propostas, argumentando cada unha delas e propoñendo posibles ubicacións e mesmo as características técnicas e normas de uso dalgunhas.

Dende o goberno local escoitaron as propostas dos escolares e explicaron as infraestruturas e servizos operativos na actualidade relacionados coas áreas abordadas, ao mesmo tempo que se avanzaron proxectos en marcha ou recentemente executados dirixidos á mocidade de Narón.

Así mesmo, a alcaldesa valorou o traballo realizado polo alumnado e profesorado nos centros, en colaboración coa Escola de Participación Cidadá de Narón “para facer posible que nos fagades chegar a vosa particular visión da cidade e tamén os proxectos e servizos que considerades necesarios para as rapazas e rapaces da vosa idade”.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …