Gran acollida á Agrupación Artística Ferrolana Bohemios no Centro Cívico das Somozas

Co gaio do 8M, o Centro Social das Somozas foi testemuña da gran acollida da actuación musical da Agrupación Artística Ferrolana Bohemios, o pasado venres 8 de marzo.

A veciñanza puido gozar dunha fermosa tarde musical con esta actuación, incluída na programación do Centro Cívico das Somozas. Esta serie de actividades, que se desenvolven durante todo o ano, unen tanto demanda cultural como actividades artísticas e sociais.

Este grupo, que naceu a finais de 1988 pasando a formar parte do panorama musical de Ferrolterra, fixo as delicias dos asistentes que encheron o Centro Cívico para gozar do espectáculo. A actuación contou coa presencia da madriña da agrupación, Martina Aneiros Barros

Lea también

El grupo ferrolano BÖJ recibe el Premio de la Música de la SAF

La Sociedad Artística Ferrolana otorga además la Primera Medalla «Sotomayor» al pintor Pepe Barreiro Gómez …