O BNG de Ferrol solicita reforzar a seguridade na avenida do Mar

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pediu ao goberno local «que reforce a sinalización e a seguridade na Avenida do Mar diante do aumento do tráfico que rexistra esta vía».

O BNG sinala que «desde o comezo das obras do bulevar das Pías, a intensidade do tráfico na Avda do Mar do barrio de Caranza, ven sufrindo un aumento progresivo. En horas puntas, a intensidade aumenta considerablemente, aumentando o perigo, tanto para peóns como as persoas que circulan nos autos»

«Esta zona, utilizada para paseo, con parque infantil e saída da cidade do Camiño Inglés, ten limitada a velocidade a 30 e 40 Km/h segundo a zona. Na actualidade compróbase que este límite non é respectado, pensamos que pola pouca sinalización da vía, ou a función que agora mesmo cumpre de saída da cidade en horas punta»

«Cumpre aumentar a seguridade, aumentando a vixilancia e a sinalización, reforzando sobre todo aqueles lugares que contan con curvas de pouca visibilidade, como son: a saída da primeira rotonda fronte ao edificio San Bernardo; a curva situada na parte de atrás dos primeiros edificios da Rúa Enrique Granados e a situada chegando aos depósitos de gas, que coincide con a saída da praia».

O BNG trasladou «a urxencia destas medidas na Comisión celebrada esta mañá por considerar que é preciso actuar antes de ter que lamentar algunha desgraza, e mentres solicitamos a máxima precaución a que utiliza unha das zonas máis visitadas da cidade, polo seu valor paisaxístico e de lecer».

Lea también

O COAG Ferrol inaugura en Ferrol unha exposición dos carteis que Felipe Peña deseñou para as actividades culturais da Escola de Arquitectura da Coruña

Inaugurarase este xoves, ás 19 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester e poderase visitar ata …