O BNG de Narón reclama mudar o Regulamento de Participación Cidadá do concello

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno de marzo onde pide abrir un espazo aberto a toda a veciñanza para recoller propostas e modificar o Regulamento de Participación Cidadá porque din que o actual non está a cumprir os obxectivos polos que foi creado

“A participación cidadá é un dereito e un deber que temos todos os veciños e, a os concellos, teñen o deber de promovela e crear as ferramentas e canles para que a participación sexa un lugar onde crear unha sociedade plural, democrática e activa. É unha realidade que hoxe en Narón non pasa por un bo momento” declara Olaia Ledo, portavoz municipal nacionalista.

“Desde o BNG presentamos esta moción porque se abriu a consulta nos consellos territoriais mais, os consellos somentes son abertos para as asociacións rexistradas e, despois de anos funcionando, o que alí se reclama maioritariamente non se dá cumprimento e isto leva á frustración de quen participa. Consideramos positivo que se abra unha recollida de consultas e que calquera persoa de Narón poida opinar” indica Ledo.

O BNG considera que a participación non só pode depender dos consello territoriais, que os orzamentos ademais de presentalos nun consello xeral teñen que ser participativos, que haxa persoas escollidas nas parroquias para ser interlocutoras das decisións veciñais co concello e que as asociacións veciñais teñan máis peso nas decisións do goberno. Ademais, reclaman que os plenos teñen que se abrir para a participación de entidades en mocións nas que colaborencos diferentes grupos municipais como xa se fai en Ferrol.

O BNG considera imprescindíbel traballar na modificación do regulamento de Participación Cidadá para ter unha sociedade máis inclusiva, aberta e democrática.

Se adxuntan as declaración de Olaia Ledo portavoz municipal nacionalista.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …