Actos en Narón desta fin de semana

Venres 23 de febreiro de 2024

Actividade: “Aínda que te agoches” Hora: 18:30 Lugar: Biblioteca municipal

A Biblioteca acollerá o acto de presentación deste libro, obra de Xosé Fernández. Estará acompañado na presentación pola escritora naronesa María Isabel Ramos. Ao remate da presentación poderán adquirirse exemplares do libro.

Sábado 24 de febreiro de 2024

Actividade: Lectura pública da obra de Rosalía de Castro Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, participarán nun acto de lectura pública da súa obra con motivo da conmemoración do Día de Rosalía. Pode participar a cidadanía en xeral, levando un texto elixido por eles ou seleccionando algún dosque haberá a disposición na propia Biblioteca

Actividade: Teatro: “La Celestina” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Secuencia 3 trae ao Pazo a peza dramática “La Celestina”, protagonizada por Calisto e Melibea. Unha historia de amor na que intercede unha alcahueta. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …