Apertura da inscrición na “III Carreira e andaina pola Igualdade”

A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, e o edil de Deportes, Ibán Santalla, anunciaron a apertura este martes 20 do prazo de inscrición na terceira edición da “Carreira e andaina pola Igualdade Concello de Narón”.

A cita, que conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o vindeiro 3 de marzo a partir das 10:00 horas. A saída e meta da carreira terán lugar nas inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara e o percorrido das categorías absolutas será de aproximadamente cinco quilómetros.

Nas categorías de menoresestablecéronse as de benxamín (100 metros), con saída ás 10:45 horas; benxamín-sub 10 (500 metros), ás 10:30; alevín-sub 12 (1.500 metros), ás 10:15; infantil-sub 14 (1.500 metros), ás 10:15 e cadete e xuvenil- sub 16 e sub 18 (2.000 metros) ás 10:00 horas. En canto á categoría absoluta, terá un percorrido de 5.000 metros e saída ás 11:00 horas.

As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo dendeo citado martes ata o 28 de febreiro ás 23:30 horas a través da web: www.carreirasgalegas.com. A inscrición ten un prezo de 4 euros para as categorías absolutas e para a andaina, sen do gratuíta para os menores en ambos casos.

A saída da andaina, cun percorrido de 4.500 metros, realizarase ás 11:15 horas e tamén require inscrición previa. A proba está limitada á participación de 500 persoas en categoría absoluta, 400 na andaina e outras 400 na de menores.

A retirada de dorsais e chips poderase facer no pavillón da Gándara o venres 1 de marzo de 16:30 a 20:30 horas; o sábado 2 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e o propio domingo 3 de 8:30 a 9:30 horas.

A organización premiará na categoría absoluta ás tres primeiras mulleres e homes e nas categorías non oficiais tamén se premiarán ás tres primeiras e primeiros en cada unha delas, tal e como se establece nas bases da convocatoria.

A participante feminina de maior idade que remate a proba levará tamén un premio e nas categorías de menores, na carreira, unha medalla.

Os edís naroneses animaron á cidadanía a inscribise na carreira e na andaina “co fin de reivindicar a través neste caso dunha proposta deportiva, a tan necesaria igualdade real entre mulleres e homes”.

Lea también

Lúa Teijeiro Aneiros del Club Arco Narón elegida mejor deportista de Ferrol 2025 en esta modalidad

La arquera ferrolana Lúa Teijeiro Aneiros, alumna desde sus comienzos en este deporte de la …