Neda conmemora o Día de Rosalía

A Biblioteca municipal celebra esta data especial no calendario cultural co espectáculo infantil “Cantamos con Rosalía?”, para o que se abre o prazo de inscrición.

O Concello de Neda (A Coruña)  súmase este venres 23 pola tarde á celebración do Día de Rosalía, unha xornada para pór en valor a figura e a obra da poetisa máis recoñecida das letras galegas.

No marco do programa “Lesme un conto?” chega á vila o día 23 esta proposta na que, a través da música, dos xogos, e do baile, o compositor, actor e músico Luis Vallecillo comparte como chegou a Galicia dende o seu Madrid natal, na busca das orixes da autora de, entre outras obras, Cantares gallegos e Follas Novas, auténtica pioneira da nosa literatura. Un proceso de busca no que o actor descubriu e aprendeu a falar e escribir esa ”lingua máxica” que é o galego.

“Cantamos con Rosalía!”, dirixido a nenos e nenas de entre 3 a 10 anos, porase en escena a partir das 18 horas. A actividade, fixada na data en que se conmemora o 187 aniversario da escritora, será totalmente de balde e para participar cómpre anotarse con anterioridade, chamando á biblioteca municipal (teléfono 981 39 02 33).

A iniciativa conta co apoio da Deputación da Coruña.

Lea también

«Descubre Ferrol, vive la Semana Santa 2025»

El Ayuntamiento de Ferrol ha publicado el nuevo folleto turístico «Descubre Ferrol, vive la Semana …