Profesorado da EPEF presentan o libro “Simulación y optimización de procesos con FlexSim”

Os profesores da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alejandro García del Valle, Diego Crespo Pereira, Adolfo Lamas Rodríguez e Javier Pernas Álvarez, son os autores do libro “Simulación y optimización de procesos con FlexSim” (Aula Magna Proyecto Clave – McGraw Hill, 2024)

Unha guía de iniciación á metodoloxía de modelado e simulación de procesos industriais escrita integramente en lingua castelá e que bota man de FlexSim1, un dos principais softwares comerciais de simulación de eventos discretos.

Tal e como explica o profesor da Universidade da Coruña e coautor da publicación, Javier Pernas Álvarez, “o que ofrecemos é unha obra escrita en lingua castelá, introdutoria pero detallada, na que o lector ou lectora pode atopar casos prácticos de aplicación da metodoloxía de modelado e simulación en campos tan diversos como a loxística interna, a programación e secuenciación dos traballos, a fabricación naval ou mesmo os circuítos integrados.”

Do mesmo xeito, salienta o seu desexo que esta metodoloxía sexa máis accesible tanto para a súa inclusión nos plans formativos doutras universidades como para aquelas empresas que queiran implantala nos seus procesos.

A maior parte dos casos prácticos recollidos neste libro son adaptacións de proxectos reais levados a cabo nos últimos 20 anos desde a Área de Organización Industrial do Grupo Integrado de Enxeñaría, vinculado ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial da Universidade da Coruña.

A maiores, o libro inclúe a referencia dun amplo repositorio deseñado polos propios autores e no que poder verificar a resolución do casos prácticos. Todos eles foron empregados con fins docentes nos distintos plans de estudos do grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).

Nas próximas semanas, o libro “Simulación y optimización de procesos con FlexSim” estará dispoñible para consulta en sala e préstamo tanto na Biblioteca Casa do Patín como na Biblioteca Ángela Ruíz Robles, situada no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol.

Lea también

Psoe Ferrol esixe explicacións pola suposta retirada da reclamación polo saneamento ó Concello de Narón

O grupo municipal socialista esixe explicacións ao alcalde sobre «a suposta retirada da reclamación xudicial …