Enterro do Momo en Narón, Piñeiros

A Sociedade Cultural Areosa celebra este sábado 17 o tradicional “Enterro do Momo” co que remata este entroido 2024.

O pasarrúas sairá ás 17:15 horas da praza de Álvaro Paradela para percorrer a estrada de Castela ata o Local Social de Piñeiros e nel participarán además da “comitiva do Momo” as comparsas Os Argalleiros, Troupele Troupele e Os Parrandolos.

Xa nas inmediacións do local social terán lugar as actuacións das comparsas e a continuación procederase á tradicional Queima do Momo para rematar cun baile amenizado polo dúo Aplauso. Convidamos a toda a veciñanza a acompañarnos neste fin de festa do entroido 2024.

Lea también

Inscricións abertas en Narón para participar no XI Concurso de Tapas de Entroido

O Concello de Narón mantén abertas as inscricións para participar na XI edición do Concurso …