A AXF recibe un recoñecemento polo seu labor de voluntariado no Día Internacional do Voluntariado

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) foi distinguida este venres no acto organizado polo Concello de Ferrol con motivo da conmemoración do Día Internacional do Voluntariado. Durante o evento, a coordinadora de voluntariado da entidade María López Carballeira recolleu un recoñecemento en nome de todo o grupo de voluntariado da AXF.

Fuente AXF

Desde a asociación queren «poñer en valor o traballo inestimable das persoas voluntarias, que cada día dedican o seu tempo, compromiso e sensibilidade para contribuír á visibilidade da comunidade xorda e á mellora da calidade de vida das persoas que a integran». O seu labor resulta fundamental para avanzar cara a unha sociedade máis accesible, inclusiva e consciente das barreiras comunicativas que aínda persisten.

Para nós, todos os días son importantes para recoñecer e agradecer o traballo do noso voluntariado, sinalan desde a entidade. A súa dedicación sostida no tempo é esencial para o desenvolvemento de proxectos sociais, culturais, formativos e de apoio directo á comunidade xorda da comarca.

Fuente AXF

A AXF quere expresar un agradecemento especial ao seu grupo de voluntariado, cuxa entrega representa o corazón e motor de moitas das iniciativas da asociación. As persoas interesadas en formar parte do grupo de voluntariado da AXF poden poñerse en contacto coa entidade a través dos seus canais habituais.

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolerra (AXF), entidade de carácter comarcal, declarada de Utilidade Pública; representa á comunidade xorda desde 1972, como único recurso específico para persoas xordas na comarca de Ferrolterra, procurando a eliminación das barreiras comunicativas que dificultan o seu pleno desenvolvemento, ademais de proporcionar os servizos necesarios para lograr a maior calidade e autonomía posíbel.

 

 

 

Lea también

Nuevos cambios de tráfico en Esteiro por el avance de las obras de ‘Abrir Ferrol ao Mar’

La Policía Local de Ferrol ha informado de nuevas modificaciones en la circulación con motivo …