As persoas interesadas nas revisións xa poden solicitar a súa cita.
A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase ao Concello de Valdoviño o próximo mes para facilitar as revisións deste tipo de vehículos sen saír do municipio.
Deste xeito, permanecerá o 5 de marzo no aparcadoiro da cooperativa de Lago, e ao día seguinte, 6 de marzo, na contorna da estación de servizo da cooperativa de Vilaboa.
Nos dous casos, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Así, as persoas interesadas no servizo xa poden solicitar cita previa para as inspeccións a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 30 90 00.