Este xoves 8 ás 19 horas preséntase a XXXII edición Galicia en Foco no local da cofradía de Pescadores Mugardos.
Galicia en Foco serve de recompilación e crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, pero tamén para poñer en valor e espertar o interese do público polos realizadores gráficos, que se recoñezan os seus nomes, a súa profesionalidade e a súa implicación coa Galicia contemporánea que eles mesmos documentan.
Galicia en Foco nace en Ferrol en 1989; É o primeiro movemento que se realiza dende Ferrol para toda a comunidade autónoma buscando reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia.
A exposición estará aberta o venres 9 de 17,30 a 19 horas e o sábado 10 e domingo 11 de 12 a 14 e de 18 a 20 horas. A entrada é libre e gratuita.