A campaña sobre benestar animal en Narón permite cuadruplicar a identificación de felinos

 
O Concello de Narón acolleu a pasada semana unha reunión con representantes da Mancomunidade de Concellos de Ferrol e do refuxio de animais de Mougá, a coordinadora do CER (captura, esterilización e retorno), da asociación protectora Cometa e persoal voluntario de varios municipios para achegara propostas para mellorar os programas CER das colonias felinas.
 
O edil de Medio ambiente e Sanidade, Manuel Ramos, agradeceu “o traballo que as voluntarias realizan en materia de Benestar animal e na sociedade en xeral, ao levar a cabo o coidado de colonias felinas e o método CER”.
 
Ramos informou que en Narón se desenvolveu unha nova campaña informativa, coa remisión de cartas informativas sobre a obriga de identificar e esterilizar cirurxicamente aos gatos que xa deu os primeiros resultados.
 
“Con motivo desta iniciativa, que fixemos chegar tamén ás xestorías para distribuír dípticos entre as comunidades de propietarios, multiplicouse por catro con respecto ao mesmo período do pasado ano o número de veciñas e veciños da cidade que identificaron aos seus gatos dende a entrada en vigor da obrigatoriedade da implantación do microchip”, asegurou.
 
O edil naronés recalcou que para rematar con situacións como as de milleiros de felinos que malviven nas rúas, “todos os propietarios e propietarias deben saber que é obrigatorio identificalos e esterilizalos, debendo as persoas que os alimentan habitualmente cumprir con esas medidas”.
 
Así mesmo, dende o Consitorio agradeceuse a colaboración da cooperativa do Val, do grupo Gadisa, de Vegalsa Eroski e Lidl polas súas aportacións tanto na recollida de alimentos para gatos de colonias, nas campañas de operación kilo,  como na doazón de produtos.
 
Finalmente, Ramos incidiu no feito de que no caso de que unha veciña ou veciño se atopen cun can, gato, furón… morto, deben obrigatoriamente poñelo en coñecemento da Policía Local, para averiguar se teñen dono e subliñou o feito de que en ningún caso se poden tirar nos colectores do lixo

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …