El municipio de Neda es con diferencia el que ofrece más tiempo para estas tareas
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, visitaron o Concello de Neda para coñecer de primeira man os servizos sociais do municipio que funcionan con financiamento da institución provincial.
Acompañados do alcalde Ángel Alvariño, Formoso e García mantiveron un encontro co persoal que traballa na área social do Concello e cun grupo de traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do municipio, no que se interesou polo seu traballo diario e as súas condicións laborais
Formoso destacou que, nos concellos de menos de 20.000 habitantes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, a Deputación financia este ano 111.962 horas de SAF de libre concorrencia e contrata a 34 profesionais da área social. Entre eles, destacan Neda con 16.200 horas/ano, o concello que máis horas solicita en toda a provincia; Ares, con 13.000 horas e As Pontes, con 10.300 horas.
O presidente provincial destacou a importancia do traballo que realizan as coidadoras, “un servizo esencial para coidar dos nosos maiores nos concellos máis pequenos e rurais, para permitirlles ter unha vellez digna e tranquila, seguir vivindo nas súas casas e favorecer tamén a conciliación laboral das familias”.
Formoso destacou o compromiso da Deputación con este eido e reclamou un maior investimento por parte da Xunta de Galicia, que ten as competencias en materia de política social e atención á dependencia. “As achegas por parte da Xunta son escasas para soster o sistema de dependencia, que é o cuarto pilar do estado de benestar, do que dependen tantos miles de familias en Galicia”, afirmou.
A portavoz das traballadoras do SAF de Neda, Cecilia Pantín, agradeceu o interese pola situación do colectivo e destacou que “o queremos conseguir, coa axuda das administracións, e que a xente maior estea mellor atendida sen que os nosos dereitos laborais e a nosa saúde física estean en perigo. É moi importante que todas as administracións nos escoiten e nos apoien”, afirmou.
O alcalde, Ángel Alvariño, agradeceu o apoio da Deputación aos servizos sociais municipais e destacou que “a atención aos nosos maiores é unha prioridade, de ahí que destinemos un 25% do noso orzamento á dependencia e servizos sociais”. “Estamos moi orgullosos da labor que fan as traballadoras”, apuntou.
A Deputación vén de publicar no BOP o Plan de Servizos Sociais Comunitarios 2024, cun investimento total de 8,3 millóns de euros, que permitirá cofinanciar cos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia a prestación de preto de 400.000 horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a contratación de 178 profesionais especializados no ámbito social para atender as necesidades das persoas máis vulnerables.
O presidente da Deputación destacou que “a Deputación reforzou nos últimos anos este programa que fai posible mellorar a calidade de vida de miles de persoas e que toda a cidadanía teña acceso a servizos sociais profesionais, incluso nos concellos máis pequenos”, afirmou.
Axuda a domicilio
A demanda de servizos de axuda no fogar incrementouse notablemente nos últimos anos. A Deputación financiará durante 2024 un total de 395.804 horas deste servizo, unha prestación esencial para a atención de maiores nos pequenos concellos coruñeses A cifra supón un incremento de 120.000 horas con respecto a 2020.
Ademáis, a través doutros programas provinciais como o POS Social, creado durante a pandemia, os concellos poden incrementar os fondos que destinan a financiar a axuda no fogar.
En 2024, a Deputación financiará 111.961 horas de SAF da área de Ferrolterra, Eume e Ortegal, 67.342 horas nos concellos da comarca da Coruña e As Mariñas, 50.034 nos do Barbanza, 75.151 nos de Bergantiños e Costa da Morte, e 91.314 nos de Santiago.
O programa financia a contratación de 178 profesionais do eido social
O programa de servizos sociais tamén permitirá a contratación de 178 profesionais especialistas do eido social. Persoal que cada día atende a miles de cidadáns, que con frecuencia pertencen a colectivos especialmente vulnerables: infancia, mulleres vítimas de violencia, persoas con especiais dificultades de inserción laboral, maiores sen recursos, persoas sen fogar ou con discapacidade.
O programa financia o 100% do salario das persoas contratadas como persoal administrativo (18.000 €/ano), persoal técnico A2 (22.000 €) e persoal técnico A1 (26.000 €). O persoal poderá ser contratado tamén a media xornada.
Estes ano, a Deputación financiará a contratación de 37 profesionais nos concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca da Coruña, 19 na comarca do Barbanza, 35 na de Bergantiños-Costa da Morte, 34 nos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal e 53 na comarca de Compostela.
| 
 CONCELLOS DA COMARCA  | 
 PERSOAL CONTRATADO NOS SERVIZOS SOCIAIS  | 
 HORAS DE AXUDA NO FOGAR  | 
 INVESTIMENTO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA  | 
| 
 ARES  | 
 2  | 
 13.000,00  | 
 196.000,00  | 
| 
 CABANAS  | 
 2  | 
 6.054,75  | 
 112.657,00  | 
| 
 A CAPELA  | 
 0  | 
 2.500,00  | 
 30.000,00  | 
| 
 CARIÑO  | 
 2  | 
 7.646,00  | 
 135.752,00  | 
| 
 CEDEIRA  | 
 2  | 
 3.492,91  | 
 81.914,92  | 
| 
 CERDIDO  | 
 1  | 
 2.000,00  | 
 42.000,00  | 
| 
 FENE  | 
 3  | 
 5.688,17  | 
 130.258,04  | 
| 
 MAÑÓN  | 
 1  | 
 6.500,00  | 
 96.000,00  | 
| 
 MOECHE  | 
 1  | 
 2.000,00  | 
 33.000,00  | 
| 
 MONFERO  | 
 0  | 
 5.000,00  | 
 60.000,00  | 
| 
 MUGARDOS  | 
 2  | 
 5.864,63  | 
 114.375,56  | 
| 
 NEDA  | 
 2  | 
 16.200,00  | 
 223.400,00  | 
| 
 ORTIGUEIRA  | 
 5  | 
 5.000,00  | 
 166.000,00  | 
| 
 PONTEDEUME  | 
 3  | 
 8.443,50  | 
 167.322,00  | 
| 
 AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ  | 
 2  | 
 10.300,00  | 
 167.600,00  | 
| 
 SAN SADURNIÑO  | 
 2  | 
 1.150,00  | 
 53.800,00  | 
| 
 AS SOMOZAS  | 
 1  | 
 1.750,00  | 
 39.000,00  | 
| 
 VALDOVIÑO  | 
 2  | 
 3.600,00  | 
 83.200,00  | 
| 
 VILARMAIOR  | 
 1  | 
 5.772,00  | 
 91.264,00  | 
| 
 TOTAL COMARCA  | 
 34  | 
 111.961,96  | 
 2.023.543,52  | 
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
				
			

