Narón ofrece un curso de “Xestión de residuos urbanos e industriais”

As persoas que desexen realizar a acción formativa, con certificado de profesionalidade nivel 2, de Xestión de residuos urbanos e industriais deben anotarse esta semana na Oficina de emprego centro ubicada na Praza Camilo José Cela, en Ferrol.

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, recordou que se trata dunha acción formativa dirixida a persoas desempregadas e que para poder realizala é preciso ter a titulación de ESO, Competencias clave nivel 2, FP en primeiro grao e/ou outras titulacións académicas ou certificados. O vindeiro luns 5, realizarase o proceso selectivo, polo que é preciso estar previamente inscrito.

O trámite pode realizarse de xeito presencial acudindo á citada oficina de emprego e indicando o título do curso, o no enlace: https://emprego.xunta.es/diplos/cursos?familia=SEA&cuando=cursoCuandoMes (co código 2023/005124-01).

As clases, un total de 408 horas, desenvolveranse do 15 de febreiro ao 13 de xuño deste ano, en horario de mañá, no Centro municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara.

Adoptar as medidas de prevención de riscos laborais no posto de traballo, recoller e tratar os residuos urbanos ou municipais e recoller e tratar os residuos industriais son os contidos que se abordarán neste curso, que inclúe tamén módulos transversais e un módulo de prácticas en empresa de 120 horas.

As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1123 ou 2602).

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …