O Concello acolle unha exposición itinerante cos traballos realizados no Día dos Dereitos Humanos

O mural realizado por diferentes entidades sociais o pasado ano con motivo do Día dos Dereitos Humanos pode verse no acceso ao Concello. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, María Lorenzo, animou á veciñanza a acudir a ver esta mostra, que se ofrecerá tamén ás entidades participantes e se levará a outras instalacións municipais nos vindeiros meses.

A edil naronesa agradeceu novamente a colaboración das asociacións Áurega, Cogami, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Aspanaes, Alcer, ASCM, Aspaneps, Teima Down Ferrol e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e tamén de Nuestra Señora de Chamorro e do CAD Souto de Leixa, que fixeron posible este traballo.

Temos que continuar divulgando o importante traballo que realizan as asociacións e apoiándoas co fin de lograr esa tan necesaria Igualdade plena na nosa sociedade, e dende Narón nesa liña continuaremos avanzando”, recalcou María Lorenzo.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …