As Somozas inicia os traballos de mellora no pavillón polideportivo municipal

O Concello de As Somozas inicia os traballos de reforma e acondicionamento do pavillón municipal. A intervención ten como obxectivo mellorar as infraestruturas e o equipamento técnico e deportivo da instalación

A finalidade desta actuación, que suma máis de 61.000 euros con cargo á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, é de acadar unhas instalacións deportivas municipais modernas e actualizadas, que permitan facer deporte nas mellores condicións posibles e, deste xeito, facilitar o seu acceso tanto aos clubs como aos veciños.

Segundo indica o rexedor, Juan Alonso, “continuamos mellorando as infraestruturas da nosa vila e, moi pronto, teremos un pavillón polideportivo mellorado e reformado, no que as entidades deportivas locais e a veciñanza poidan practicar deporte coas maiores facilidades”.

“Este equipo de goberno continúa coa aposta firme e decidida polo fomento do deporte e dos hábitos de vida saudables da nosa veciñanza”, engadiu Alonso.

Lea también

Neda restablece el suministro de agua en todo el municipio, pero no descarta nuevas interrupciones si persiste la sequía

Los trabajos realizados por Veolia para aumentar la entrada de agua procedente del embalse de …