Regresa a Ares a tenda de aluguer efémera de vestimenta indiana

Chimpos, a empresa compostelá especializada en vestiario histórico rexentada por Betty Sieira, regresa á vila aresá para instalar a tenda efémera de aluguer de vestimenta indiana na avenida Saavedra Meneses, número 16.

Dende este luns 18 até o sabado 23 de agosto, todo aquel que o desexe poderá botar unha ollada ao seu catálogo, probar as prendas e alugar roupa e complementos para a súa caracterización de época.

Mulleres, homes e crianzas atoparán alí vestidos completos, accesorios soltos, chapeaus… en horario de 11:30 a 14:00 horas e tamén de 18:30 a 22:00 horas. Na tenda efémera haberá a posibilidade de recibir asesoramento para elixir as combinacións dos conxuntos, que serán devoltos ao longo da xornada do luns, 25 de agosto.

Así, con este servizo especial, a Concellaría de Cultura que impulsa o Ares Indiano contribúe a reducir a necesidade de mercar ou mesmo confeccionar a indumentaria indiana se non é posible, facilitando á veciñanza a caracterización histórica cunha empresa recoñecida neste eido.

Lea también

Valdoviño celebra este domingo su Feirón mensual

Está organizado por la Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra con el …