O Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal estará en FITUR

Este mércores 24, ás 14:00h. terá lugar a inauguración de este espazo, coa intervención de José María Barrera – Foro Español de Geoparques-, Nickolas Zouros – Global Geoparks Network-, e Santiago Sierra – Comisión Nacional Española de Cooperación con la UNESCO, dando inicio así ás presentacións e degustacións programadas para toda a semana.

O xoves 25 ás 13:30 terá lugar, en este mesmo lugar o, a presentación “Geoparque Cabo Ortegal: una apuesta por el turismo, la educación y el desarrollo socioeconómico”, para dar paso ás 14:30 a unha pequena degustación. O programa completo pódese ver na páxina web de www.geoparques.es

O Xeoparque terá tamén presenza no stand de Turismo de Galicia, no pavillón 9, da man da Área de Turismo da Deputación da Coruña.

O mércores 24 ás 13:00h terá lugar a presentación dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino e o venres ás 13:30 será a presentación “Geoparques Mundiales de la UNESCO en Galicia”, con representantes do Xeoparque Montañas do Courel, Xeoparque Cabo Ortegal, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

O sábado e domingo, días de acceso ó público xeral, tamén se poderá obter información sobre o Xeoparque Cabo Ortegal en ambos espazos.

Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal

A peculiariedade desta área reside en que aquí están na superficie rochas que habitualmente se atopan no manto da Terra, a máis de 70 quilómetros de profundidade. A ciencia xeolóxica ten no Ortegal un grande campo para investigar e ampliar o seu coñecemento sobre os cambios e momentos que viviu a Terra durante millóns de anos. Agora, co Xeoparque Cabo Ortegal o que se pretende é ampliar ese saber levándoo fóra dos círculos especializados.

Trátase de facer que todo isto sexa coñecido e valorado en primeiro lugar polos arredor de 28.000 habitantes dos sete concellos, pero tamén que se converta nun referente divulgativo e turístico para persoas do resto do mundo, sexan especialistas ou non.

O patrimonio xeolóxico, o patrimonio natural e paisaxístico, o patrimonio cultural material e inmaterial, construcións, tradicións, gastronomía, etc, están intimamente ligados dentro do Xeoparque, xa que malia tomarse a xeoloxía como punto de partida, o obxectivo que se persegue é o de alcanzar un desenvolvemento sustentable no territorio onde todos eses aspectos estean relacionados e coordinados baixo o paraugas desta figura da UNESCO

O proxecto comezou oficialmente a súa andaina para converterse en Xeoparque Mundial da UNESCO EN 2020, cando foi formalmente constituída a Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal, dotándose así da personalidade xurídica propia esixida pola UNESCO para a presentación do proxecto de candidatura. Preséntase en primeira instancia este ano con resultado desfavorable.

Xa en 2021 e cos deberes aprendidos, presentase de novo e en este caso, con resultado positivo. Foi a finais de verán cando recibimos a visita da comitiva de avaliación de dous auditores da UNESCO: Chris Woodley-Stewart – Geoparque North Pennines (Reino Unido), e César Goso – Geoparque Grutas del Palacio (Uruguay).

Despois de moito traballo e un informe positivo de estos avaliadores, o 24 de maio deste ano anunciase oficial e publicamente a que Cabo Ortegal xa é Xeoparque Mundial da UNESCO, converténdose así no segundo de Galicia e o único territorio da Península Ibérica que obtén o distintivo esta anualidade.

Lea también

Guía Repsol selecciona más de 300 ‘Soletes’, 24 de ellos en Galicia, para disfrutar en Semana Santa

Entre los seleccionados de Galicia está ‘O Bacoriño’ en Ferrol. Guía Repsol ha seleccionado más …