Narón celebra o pleno de sorteo dos membros das mesas nas autonómicas 18F

O Concello de Narón acollerá o vindeiro luns 22, ás 9:15 horas a sesión plenaria na que se procederá a sortear os membros das Mesas para as eleccións ás vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia, convocadas o 18 de febreiro.

En total haberá instaladas na zona urbana e rural corenta e sete mesas, que contarán con presidentes, vogais e dous suplentes de cada un destes cargos. O sorteo realizarase mediante un procedemento informático e as persoas que resulten seleccionadas recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio.

No caso de non poder acudir será preciso comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona, no Xulgado de Ferrol, nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da comunicación)

Lea también

A música coral de Narón volve á praza de Galicia co concerto de Panxoliñas

A praza de Galicia converterase este luns 22 de decembro nun escenario aberto á música …