Nova actividade no Museo de Historia Natural: «QUEDADAS NO MUSEO»

O Museo de Historia Natural de Ferrol acaba de anunciar a organización dunha nova actividade divulgativa, que levará o nome de “Quedadas no Museo».

Esta consistirá nunha serie de xuntanzas participativas e abertas a todo tipo de público, tanto socio da SGHN como non, nas que darán a coñecer á cidadanía as novidades e material gardado nos fondos museísticos e todo o que abrangue ao eido naturalista: material biolóxico ou xeolóxico do museo; novidades bibliográficas propias da entidade e alleas; espedicións e excursións a espazos naturais; visitas a outros museos de Ciencias Naturais e de Historia Natural; proxectos de actividades do museo, memorias das realizadas, etc.

A entidade indica que as xornadas serán o primeiro e o penúltimo venres de cada mes, de 17:00 a 18:00 horas e cada xornada será anunciada previamente co programa previsto e recollida con carácter posterior en formato PDF para ser difundida nas RRSS da propia SGHN e outras.

A actividade é gratuíta por contemplarse dentro do patrocinio do Concello de Ferrol, e vai dirixida a todo tipo de público con este tipo de inquedanzas: persoas socias ou non da SGHN; profesorado; visitantes do museo con carácter libre e moi especialmente, para o público familiar xuvenil e infantil.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …