Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este xoves, día 18, á Narón. A unidade estará operativa nas inmediacións da praza da Gándara, na rúa Pintor Sotomaior, dende as 9:30 ata as 14: 30 e pola tarde de 15:30 a 21:00 horas, tal e como anunciaron dende ADOS.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.
Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.