Axenda en Narón do 12 ao 13 de xaneiro

Venres 12 de xaneiro de 2024

Actividade: “O quebranto da guerra” Hora: 20.30 Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura

Profesionais do xornalismo, a fotografía e a cultura, Anna Surinyach, Ebbaba Hameida, Mario Vega e Nicolás Castellano, participarán nun diálogo dende o xornalismo e a cultura sobre os conflitos bélicos. A entrada é libre ata completar a capacidade do Café Teatro.

Sábado 13 de xaneiro de 2024

Actividade: “Protocolo do quebranto” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Unahoramenos Producciones trae a Narón este espectáculo, dirixido por Mario Vega, e protagonizado por Crezk, un home que persegue os territorios nos que sucede a guerra e que vive atrincheirado con Nadia, unha muller estraña, e manteñen unha relación moi particular.

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.

Lea también

BNG exixe ao Goberno respectar as adxudicacións das vivendas da SAREB en Narón

Néstor Rego demanda transparencia e solucións inmediatas para as persoas que levan máis de ano …