A Escola Municipal de baile de As Pontes organiza unha gala benéfica

A Escola Municipal de baile moderno, danza clásica e flamenco de As Pontes organiza unha gala benéfica a favor da Asociación Princesa Rett.

A escola representará o espectáculo Talent Show no que contará coa colaboración de O’Catre Teatro e Juan Anillo, no Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 18:00 e ás 20:30 horas

O prezo da entrada será de 5 euros por persoa (máximo 6 entradas por persoa) e poderán adquirirse o venres 19 de xaneiro, de 17:00 a 19:30 horas e o sábado 20 de xaneiro, de 12:00 a 13:30 horas.

Tamén estará dispoñible unha fila cero para todas as persoas que, sen asistir ao espectáculo, desexen colaborar nesta gala benéfica.

Lea también

Ferrol abrirá la próxima semana por quinta vez su patrimonio invisible

El antiguo edificio de El Correo, la iglesia de San Francisco, el Parador de Turismo …