Formoso analiza coa xunta directiva de COFER os retos socioeconómicos da comarca

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse  coa xunta directiva da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), encabezada polo su presidente Cristóbal Dobarro.

Ente os temas abordados no encontro estiveron os principais retos socioeconómicos da cidade e da comarca de Ferrolterra para os vindeiros anos, como os fondos europeos, a falta de solo industrial ou a necesidade de apostar pola diversificación e a mellora das infraestruturas.

O presidente provincial destacou que o contrato de construción das fragatas é fundamental para o futuro do estaleiro de Navantia “que é o corazón industrial da comarca”, e incidiu na importancia de  “aproveitar a oportunidade histórica que supoñen os fondos de europeos nos vindeiros anos para impulsar, fortalecer e modernizar o tecido empresarial e industrial da comarca”.

Neste sentido, ofreceu aos empresarios a colaboración da Oficina Next Deputación para a captación e xestión de fondos europeos que a institución provincial ten en funcionamento no Concello da Capela.

Formoso analizou tamén cos empresarios algúns dos datos do Informe de Conxuntura Económica (ICE) financiado pola Deputación da Coruña e sinalou que o exceso de burocracia é, en moitas ocasións, un freo para importantes proxectos empresariais.

Unha análise na que coinciden os empresarios de COFER, que tamén sinalaron como problemas a falta de man de obra con formación adaptada ás necesidades reais das empresas, a falta de solo industrial e a necesidade de mellora da infraestruturas clave, como a conexión ferroviaria.

Lea también

Rueda subraya la inversión en infraestructuras del agua en Ares para impulsar el turismo de calidad

El presidente de la Xunta destaca la necesidad de servicios «a la altura» del entorno …