Actuacións de limpeza no rego do Castro ao seu paso por Narón

N1788 Castro (Narón)

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar as actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do rego do Castro, no concello de Narón.

Estas tarefas desenvolveranse nunha lonxitude de 784 metros, no percorrido deste río pola parroquia de San Lourenzo de Doso. Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o rego do Castro quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección. Estas intervencións teñen como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Lea también

Convocado el XX Trofeo «Cidade de Narón» de Tiro con Arco

El Club ARCO Narón, de acuerdo con el Calendario Oficial de la Federación Galega y …