O mural realizado por SFHIR en Fene, candidato ó mellor do mundo

Un mural realizado en Fene no marco da primeira edición do Perla Mural Fest aspira a ser o mellor do mundo.

Trátase da obra realizada polo artista madrileño SFHIR na fachada dun edificio de nove andares situado no número 64 da Rúa da Fraga, e representa unha muller tocando o violonchelo.

A obra situada en Fene é o mural vertical máis grande da carreira de SFHIR, quen soubo adaptar a forma do edificio, que conta cun pozo de luz, á idea que quería plasmar. Coa noite, cando a veciñanza do edificio acende a luz das escaleiras, ilumínanse os trastes do violonchelo, o que fai que o mural semelle cobrar vida.

Estas singularidades levaron a Street Art Cities, a principal plataforma global de arte urbana, a incluír este mural nunha primeira selección de 50 obras internacionais que optan ao recoñecemento de mellor mural do mundo. Agora, nunha segunda fase, será o público quen a través dos seus votos elixirá o mural gañador entre os finalistas.

Desde o Concello de Fene celebran a candidatura e animan a participar activamente nas votacións. “Estar entre as obras finalistas xa serviu para poñer a Fene no mapa mundial da arte urbana, e agora cómpre facer un esforzo colectivo por conseguir a vitoria”, indicou Ángeles Coira, concelleira de promoción económica, quen tamén avanzou que xa se está a traballar na edición deste 2024.

O proceso de votación estará aberto até o próximo 31 de xaneiro, e para votar é preciso visitar a web https://streetartcities.com/awards/2023 e clicar no botón “Cast your vote now”.

A continuación terase que seleccionar unha obra en cada unha das tres categorías (o mural de Fene compite na primeira), e posteriormente confirmar o voto mediante o correo electrónico.

Sobre o Perla Mural Fest

O Perla Mural Fest celebrou a súa primeira edición entre o 7 e o 13 de agosto de 2023. Trátase dun festival de arte urbano que pretende render homenaxe ao recinto do Perla e o seu legado, como centro cultural icónico de Fene e do conxunto da comarca entre as década dos anos 60 e 80.

Durante a súa existencia, o Perla chegou a albergar un cinema, unha cafetaría e até un salón de vodas nos seus últimos anos.

Lea también

Exhibición de la Unidad Canina del Tercio Norte dentro de la IV Fiesta del Marisco de Ferrol

Además éste miércoles a la tarde habrá un Simulacro de Rescate Marítimo en el que …

Un comentario

  1. mellor do mundo.