Equiocio Ferrol reforza o seu tradicional “Festival de mascotas”

Equiocio Ferrol acolle na súa xornada inaugural, prevista para o 31 de xullo, o seu tradicional “Festival de mascotas”. A iniciativa, que volve con máis premios, busca poñer en valor a aportación dos animais de compañía, que teñen a consideración de membros da familia, á convivencia nos fogares.

Patrocinado por Hill ́s, o festival arrincará ás 19 horas, incidindo nos beneficios de ter unha mascota na casa sen esquecer as responsabilidades que conleva. Ademais, a proposta quere contribuír a fomentar o coidado dos animais e impulsar a adopción dos cans e gatos.

Durante o evento, as persoas propietarias deberán presentar ao público asistente os seus animais de compañía, explicando o vínculo que os une a eles, o que aporta a súa presenza no ámbito familiar, ou a súa propia historia. Todas as mascotas que participen recibirán un agasallo, xentileza de Hill ́s.

Outorgaranse ademais varios premios especiais. Así, distinguirase á animal que sexa exemplo de superación e ao que destaque pola excelente interacción cos seus humanos. Finalmente, recoñecerase a xenerosidade e dedicación da familia máis entregada aos coidados.

O xurado estará integrado pola delegada de Hill ́s en Galicia, Natalia García; Luisa Amor, representante da Protectora Arco da Vella; Beatriz Capón, de Peluquería canina A Malata, que colabora habitualmente coas protectoras da zona; e a bióloga e coordinadora da colonia felina de Ferrol Vello, Juana Pardo.

As bases do festival e a folla para apuntarse no festival, presentado por Esther Guimaré, integrante de Affinor, poden descargarse na web de Equiocio. As persoas interesadas poderán apuntarse no propio certame, entregando cuberto o boletín de inscrición ata un cuarto de hora antes do inicio da actividade.

Os animais deberán presentar un bo estado de saúde e estar debidamente coidados. Como sempre, no caso de especies exóticas, terá que acreditarse a súa propiedade e situación legal.

Equiocio Ferrol contará neste 2025 co patrocinio, entre outros, do Concello de Ferrol, Deputación provincial da Coruña, Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Gadis e Estrella Galicia.

Lea también

Más del 67 % de los cánceres de próstata detectados con cribado en el Área Sanitaria de Ferrol se identificó en fases iniciales

El proyecto piloto de cribaje de cáncer de próstata puesto en marcha por la Xunta …