«Pontedeume Vila do Libro» presenta o cartel oficial da segunda edición

A localidade acollerá o festival literario entre o 22 e o 24 de agosto. O cartel rende homenaxe a Castelao no 75 aniversario do seu pasamento, coincidindo co Ano Castelao. O programa completo, centrado na memoria e a identidade galega, será anunciado proximamente.

Comeza a conta atrás para que o Concello de Pontedeume se converta por segunda vez en «Vila do Libro» na fin de semana do 22 ao 24 de agosto de 2025. O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e a concelleira de Cultura, Alejandra Bellón, veñen de facer público o cartel oficial do festival literario que transformará o casco histórico do municipio nun escenario de encontro entre tradición e futuro vencellado ao libro e a literatura galega.

O casco histórico de Pontedeume, coas súas rúas empedradas e a súa emblemática ponte medieval, serán os escenarios elixidos para o evento.

Esta será a segunda edición de «Pontedeume Vila do Libro» que consolidará á localidade como un referente do turismo literario galego a través dun programa que incluíra encontros con autores e autoras, mesas redondas, recitais de poesía, música e arte, así como actividades para todos os públicos deseñadas para mergullarse na literatura.

O festival literario comezou o seu percorrido en Galicia precisamente da man do Concello de Pontedeume o verán de 2024. Dende o Executivo local destacaron que esta proposta «é unha firme aposta do Concello de Pontedeume pola dinamización cultural e social da localidade, representando o compromiso do equipo de Goberno coa cultura e a defensa da literatura, que en Pontedeume temos moita tradición»

Castelao como guía simbólica da edición

Na imaxe que acompañará a Pontedeume Vila do Libro son moitas as referencias propias á vida cultural e popular de Pontedeume, pero destaca unha delas sobre as demais. «A figura de Castelao articula todo o cartel, convertendo o seu rostro nun territorio simbólico que integra a nosa paisaxe, a ponte medieval e os elementos do mar» explican dende a organización.

A ponte vella de Pontedeume conflúe coas inconfundibles gafas redondas de Castelao, simbolizando a súa mirada lúcida sobre Galicia. A silueta do pobo, a modo de sombreiro, coroa esta construción visual que vincula territorio e pensamento. Na parte dereita, unha nena encaramada sobre unha pila de libros susurra ao oído do gran pensador galeguista, representando a transmisión de coñecemento entre xeracións.

O cartel tamén incorpora elementos que reforzan a identidade marítima de Pontedeume: peixes e ameixas en movemento que evocan a tradición pesqueira, o Sancosmeiro (embarcación tradicional xa desaparecida) e a figura do xabarín de Andrade, escultura medieval vencellada á Casa de Andrade.

Lea también

Neda pondrá en marcha en noviembre cuatro cursillos de manejo del móvil para mayores

Las personas interesadas en participar deben inscribirse en la Casa del Ayuntamiento.   El Ayuntamiento …